Palmeira anana | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chamaerops humilis en Mallorca | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Chamaerops humilisSh L. | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
A palmeira anana Chamaerops humilis, é a única palmeira (i.e. familia palmeiras) autóctona de Europa e a única especie do xénero Chamaerops.
É unha planta de gran valor ornamental e ecolóxico moi resistente á seca a partir dos cinco anos. Os seus froitos serven de alimento a moitas especies autóctonas e a súa densidade espiñenta é aproveitada como acubillo para a cría por moitas especies animais. A planta ten valor comercial pola súa beleza e emprégase en xardinaxe pola súa resistencia e por non acadar unha grande altura como outras palmeiras. É moi empregada para xardíns de rocalla e para formar sebes espiñentas que impiden o paso. É frecuente vela en ressorts e hoteis ao ser unha especie rústica que require poucos coidados e soporta ben as condicións duras e a polución. Atópase en invernadoiros para a exportación. É unha especie carismática, extensamente distribuída por todo o litoral mediterráneo español, os rebentos tenros consómense, aínda que non é un produto apreciado. Distribúese polas rexións secas ao longo da costa mediterránea, desde Italia cara ao oeste, mais excluíndo a Francia. É común nas costas mediterráneas de España (especialmente en Andalucía), no Algarve portugués, e no norte de Marrocos. Na provincia de Almería medra de forma natural na Serra do Cabo de Gata, onde é unha das súas especies máis características. Os seus froitos son inxeridos por mamíferos (o porco teixo, o raposo, o coello, ungulados) que, en ocasións, actúan como dispersantes das súas sementes.
O froito ten un alto contido de ácido butírico, e é usado como antidiarreico, adstrinxente e nutritivo. Úsase tamén como planta ornamental. Os rebentos centrais téñense usado en alimentación. As fibras das follas úsanse na confección de tapices, vasoiras e cordas, tamén para o recheo de tapizarías.
Chamaerops humilis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.
Chamaerops: nome xenérico que provén de Chamai = "gamallo", refiríndose ao hábito anano.
humilis: epíteto latino que significa "de baixo crecemento".
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palmeira anana |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palmeira anana |