Sully | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sully |
Director | Clint Eastwood |
Produtor |
|
Guión | Todd Komarnicki |
Baseado en | Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Tom Stern |
Montaxe | Blu Murray |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Telluride: 2 de setembro de 2021 9 de setembro de 2021 8 de xullo de 2020 (TVG) |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e biográfico |
Orzamento | 60 millóns de dólares |
Recadación | 240,8 millóns de dólares |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/sully | |
|
Sully (tamén coñecido como Sully: Miracle on the Hudson) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Clint Eastwood e escrito por Todd Komarnicki, baseado na autobiografía Highest Duty de Chesley "Sully" Sullenberger e Jeffrey Zaslow. Tom Hanks interpreta a Sullenberger, xunto con Aaron Eckhart, Laura Linney, Anna Gunn, Autumn Reeser, Holt McCallany, Jamey Sheridan e Jerry Ferrara nos papeis secundarios. O filme conta a historia real da aterraxe de emerxencia que realizou Sullenberger en xaneiro de 2009 sobre o río Hudson, na cal os 155 pasaxeiros e os membros da tripulación sobreviviron só con feridas leves.
Sully estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 2 de setembro de 2016, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Warner Bros. o 9 de setembro de 2016. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou máis de 240 millóns de dólares en todo o mundo, mais xerou controversia pola súa representación ficticia do National Transportation Safety Board (NTSB). O American Film Institute e National Board of Review escollérono como un dos seus mellores dez filmes de 2016, e recibiu un nomeamento ós Premios Óscar á mellor edición de son na 89ª edición dos galardóns.
Estreouse en galego o 8 de xullo de 2020 na TVG. O director de dobraxe foi Celestino Hermida.