Sleeping Beauty | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sleeping Beauty |
Director | Clyde Geronimi Les Clark Eric Larson Wolfgang Reitherman |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Erdman Penner (adaptación) Joe Rinaldi Winston Hibler Bill Peet Ted Sears Ralph Wright Milt Banta |
Baseado en | La Belle au bois dormant de Charles Perrault |
Intérpretes | Mary Costa Eleanor Audley Verna Felton Barbara Luddy Barbara Jo Allen Bill Shirley Taylor Holmes Bill Thompson |
Música | George Bruns |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 1959 |
Duración | 75 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Infantil |
Orzamento | $6 000 000 |
Recadación | $51 600 000 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/sleeping-beauty | |
Sleeping Beauty (en galego, A Bela Dormente) é un filme de Disney dirixido por Clyde Geronimi, Les Clark, Eric Larson e Wolfgang Reitherman que se estreou en 1959. Baséase no conto A Bela Dormente (La Belle au bois dormant) de Charles Perrault.
Dous reis agardaban con alegría o nacemento da súa primeira filla, á que van chamar Aurora. Para celebralo, organizaron unha festa á que convidaron a tódolos habitantes do reino. Pero esqueceron convidar a malvada meiga Maléfica que, anoxada, lanzou un terrible feitizo sobre a princesa: o día que cumprise dezaseis anos, pincharía un dedo co fuso dunha roca de fiar e morrería. Pero as súas tres fadas madriñas descobren un xeito de romper o maleficio: non morrerá, permanecerá durmida ata que un valente príncipe a bique.