SAGE

SAGE / Stratospheric Aerosol & Gas Experiment
SAGE
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento18 de febreiro de 1979, 16:18 GMT
Foguete portadorScout D1
Sitio de lanzamentoWallops Island, rampla 3
Obxectivo da misiónEstudo da estratosfera terrestre.
Decaemento11 de abril de 1989
NSSDC ID1979-013A
Masa148,7 kg

SAGE (acrónimo de Stratospheric Aerosol and Gas Experiment), tamén coñecido como AEM-B (Applications Explorer Missions B), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 18 de febreiro de 1979 mediante un foguete Scout D1 desde a base de Wallops Island.

Características

A misión de SAGE foi estudar o ozono e os aerosois da estratosfera terrestre para comprender mellor o medio ambiente e equilibrio radiativo da atmosfera.

O satélite estaba formado por dous módulos: o módulo de instrumentos, coa instrumentación científica; e o módulo base, cos sistemas de enerxía, comunicacións e propulsión. Foi deseñado para pasar un ano en órbita.

SAGE foi inxectado nunha órbita inicial de 655 km de apoxeo e 545 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 54,9 graos e un período de 96,9 minutos. O satélite comezou a ter problemas de enerxía o 15 de maio de 1979, aínda que continuou recollendo información científica ata o 19 de novembro de 1981. O último sinal de SAGE recibiuse o 7 de xaneiro de 1982, ao fallar a batería. O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 11 de abril de 1989.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAGE" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (9 de marzo de 2017). "SAGE" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 29 May 1979 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (79-15381): 4. 6 de xuño de 1979. Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "SAGE" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SAGE (AEM 2)" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2017). "SAGE" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos