Partido Comunista de Bulgaria Българска комунистическа партия | |
---|---|
Partido político de Bulgaria | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Petar Mladenov |
Mocidades | Liga Xuvenil de Traballadores |
Filiación internacional | Comintern (1919–1943), Cominform (1948–1956) Federación Comunista Balcánica (1921–1939) |
Historia | |
Fundación | 28 de maio de 1919 |
Disolución | 3 de abril de 1990 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-Leninismo |
Publicación | Xuventude Comunista dos Traballadores |
O Partido Comunista de Bulgaria foi un partido político búlgaro de ideoloxía marxista-leninista que gobernou a República Popular de Bulgaria en carácter de partido único entre 1946 e 1990, cando se renomeou a si mesmo como Partido Socialista Búlgaro. Dende 1954 ata 1989, dirixiu o partido Todor Zhivkov, un gran defensor da Unión Soviética que mantivo estreitas relacións con ese país durante o mandato de Leonid Brezhnev. O seu goberno logrou unha relativa estabilidade política e un aumento nos niveis de vida.
No ámbito das Revolucións de 1989, Zhivkov presentou a súa dimisión, sendo substituído por Petar Mladenov. O partido adoptou unha posición máis moderada, abandonando o marxismo-leninismo en 1990 e renomeándose como Partido Socialista Búlgaro.