Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Marian Ritter von Smolan Smoluchowski 28 de maio de 1872 Viena |
Morte | 5 de setembro de 1917 (45 anos) Cracovia |
Causa da morte | Morte natural (Disentería ) |
Lugar de sepultura | Cemitério Rakowicki (pt) 50°04′32″N 19°57′14″L / 50.0756, 19.9539 |
Datos persoais | |
Residencia | Imperio Austrohúngaro |
País de nacionalidade | Imperio Austrohúngaro |
Educación | Universidade de Viena Theresianum (en) |
Tese académica | Q66907346 (1894 ) |
Director de tese | Franz-Serafin Exner e Josef Stefan |
Actividade | |
Campo de traballo | Física estatística e física |
Ocupación | físico , montañista , catedrático |
Empregador | Universidade Iaguelónica de Cracovia Universidade de Lviv |
Profesores | Ludwig Boltzmann |
Alumnos | Otto Marcin Nikodým (pt) |
Lingua | Lingua polaca e lingua alemá |
Deporte | alpinismo |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Roman Smoluchowski (en) |
Parentes | Stanisław Szczepanowski (maternal uncle (en) ) |
Premios
| |
Marian Smoluchowski, nado en Viena o 28 de maio de 1872 e finado en Cracovia o 5 de setembro de 1917, foi un físico, estatístico e matemático polaco. Foi tamén foi un destacado alpinista, membro da Sociedade Alpina de Austria.
Smoluchowski creceu e formouse en Viena, cidade na que o seu pai, un avogado polaco, era xefe da sección polaca da chancelería do emperador Francisco Xosé I de Austria. Após doutorarse na Universidade de Viena en 1894, pasou uns anos ampliando os seus estudos en París e Inglaterra.
En 1898, cando regresou a Viena, era profesor asistente na universidade e, ao ano seguinte, con só vinte e seis anos, foi nomeado profesor da Universidade de Lwów (actualmente Lviv, Ucraína). Desde 1903 foi profesor de física matemática nesta universidade.
En 1913 foi nomeado profesor de física experimental na Universidade Iaguelónica de Cracovia.
Cinco anos despois de ser nomeado profesor en Cracovia, morreu nesa cidade debido á disentería contraída durante a gran fame provocada pola Primeira guerra mundial.
As contribucións de Smoluchowski á física e ás matemáticas foron numerosas, especialmente no campo do movemento browniano, os procesos estocásticos e outros problemas relacionados.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marian Smoluchowski |