MAVEN

MAVEN / Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN
MAVEN.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita de Marte.
Data de lanzamento18 de novembro de 2013, 18:28 GMT
Foguete portadorAtlas 5
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.
NSSDC ID2013-063A
Masa2454 kg (con propelente)

MAVEN ou Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN é unha sonda espacial da NASA lanzada o 18 de novembro de 2013 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.

Características

MAVEN foi enviada a Marte para estudar a atmosfera superior e a ionosfera do planeta vermello, así como as súas interaccións co vento solar e determinar a perda co tempo dos gases da atmosfera marciana e o seu efecto na evolución do planeta.

O corpo da nave ten forma aproximadamente cúbica de 2,3 x 2,3 x 2,0 m, construído con paneis de aluminio entremetidos en paneis de composto de grafito. No centro do corpo atópase un depósito de propelente cilíndrico de 1,3 m de diámetro que pode conter ata 1640 kg de hidracina. Do corpo da nave saen dous paneis solares que proporcionan a alimentación eléctrica. A nave leva oito instrumentos científicos a bordo: un magnetómetro, un espectrómetro de ións e gases neutros, unha sonda Langmuir e detector de ondas, un espectrómetro ultravioleta, un analizador de electróns do vento solar, un analizador de ións do vento solar, un detector de partículas enerxéticas solares e un detector de ións termais e supratermais.

MAVEN foi lanzada o 18 de novembro de 2013 e chegou a Marte o 22 de setembro de 2014, acadando unha órbita científica cun período de 4,5 horas, unha inclinación de 75º e unha periapse de 150 km.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Atmosphere and Volatile EvolutioN (MAVEN)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MAVEN (Mars Scout 2)" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  4. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  5. "Note verbale dated 23 December 2014 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (15-00343(E)). 15 de xaneiro de 2015: 5. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2020). "MAVEN" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas