Justin Drew Bieber, nado en London (Ontario) o 1 de marzo de 1994, é un cantante de pop canadense. Bieber lanzou o seu primeiro EP, My World a finais de 2009 e conseguiu disco de platino nos Estados Unidos. Converteuse no primeiro artista en ter sete cancións do seu primeiro traballo nas listas musicais de Billboard Hot 100. Bieber lanzou o seu primeiro álbum de estudio, My World 2.0, no 2010. Conseguiu o número 1 en varios países e conseguiu o disco de platino nos Estados Unidos. Foi precedido polo sinxelo "Baby".
O seu primeiro álbum, My World, saíu ao mercado en 2009. En 2010 chegou My World 2.0. Os dous lanzamentos foron bastante exitosos, chegando o segundo deles a ocupar a primeira posición na lista Billboard 200.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Justin Bieber |