Jessie J

Infotaula de personaJessie J

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jessica Ellen Cornish Editar o valor em Wikidata
27 de marzo de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Chadwell Heath, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesДжесси Джей Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBRIT School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , compositora de cancións , executiva dunha discográfica , autobiógrafa , cantautora , actriz de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e inglés británico Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoGut Records (pt) Traducir
Island Records
Lava Records
Universal Republic Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Singer 2018 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaChanning Tatum (2018–2020)
Luke James (pt) Traducir (2014–2015) Editar o valor em Wikidata
PaisStephen Cornish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Rose Cornish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webjessiejofficial.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3697476 Facebook: jessiej Twitter: jessiej Instagram: jessiej MySpace: jessiejofficial Youtube: UC4pEp0mo54WhEBCTYvjVDJA TikTok: jessiej Souncloud: jessiejofficial Spotify: 2gsggkzM5R49q6jpPvazou iTunes: 405360400 Last fm: Jessie+J Musicbrainz: d24fb461-dee8-41fc-bb15-2f13bb2644a6 Songkick: 2322629 Discogs: 2126398 Allmusic: mn0002595668 WikiTree: Cornish-651 Deezer: 985109 Genius: Jessie-j Editar o valor em Wikidata

Jessica Ellen Cornish, nada o 27 de marzo de 1988 en Basildon, Essex, Reino Unido, coñecida como Jessie J, é unha cantante e compositora británica. En febreiro de 2011 gañou o premio elección dos críticos nos Brit Awards. Foi aclamada polo cantante Justin Timberlake como «a mellor cantante do mundo do momento».

Traxectoria

O seu álbum debut, Who You Are, foi lanzado ao mercado o 25 de febreiro de 2011 e acadou un bo recibimento comercial. Entrou nos repertorio dos máis vendidos na maioría dos países arredor do mundo, entre os que se atopan Australia, Canadá, Irlanda e Nova Zelandia. Ademais vendeu máis dun millón de copias no Reino Unido. Do álbum lanzáronse dous sinxelos, titulados «Do It Like a Dude» e «Price Tag», que obtiveron unha boa acollida comercial. O primeiro deles chegou ao número dous da lista UK Singles Chart, ademais recibiu un disco de ouro por parte da British Phonographic Industry, mentres que o segundo converteuse nun éxito número un en países coma Francia, Irlanda e Nova Zelandia, ademais de ser certificado en ocasións con discos de platino neses países.

Foron lanzados, tamén, outros tres sinxelos do disco: «Nobody's Perfect», lanzado o 27 de maio de 2011 en iTunes, «Who's Laughing Now», que logrou colocarse nos números dezaseis e vinte e oito das listas UK Singles Chart e Irish Singles Char, e «Who You Are». En medio da promoción do álbum, a cantante lanzou outro sinxelo pertencente a súa edición de luxo, chamado «Domino», que obtivo boa recepción en Australia, Nova Zelandia e os Estados Unidos de América, neste último converteuse no primeiro top 10 da cantante, mentres que no Reino Unido converteuse no seu segundo número un, detrás de «Price Tag». O último sinxelo do disco, «LaserLight», acadou a quinta posición da lista UK Singles Chart, o que converteu a Jessie na primeira e ata o de agora única cantante británica en ter seis sinxelos top 10 dun mesmo álbum nesa lista

Por outra banda, Jessie tamén ten escrito cancións para outros artistas baixo o seu nome real, Jessica Cornish. Entre elas atópanse «Party in the U.S.A» de Miley Cyrus, «Repeat» de David Guetta —onde tamén colabora como voz principal—, e «I Need This» de Chris Brown; esta última tamén foi interpretada por ela e incluída en Who You Are. Para abril de 2012, a cantante tería vendido un total de 13,5 millóns de copias dos seus materiais discográficos.

Notas

  1. "Ganadores de los Brit Awards 2011". Rolling Stone. 15 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  2. Timberlake, Justin. "Jessie J is the BBC Sound of 2011" (en inglés). BBC. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  3. "iTunes - Who You Are by Jessie J". iTunes (en inglés). 25 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  4. "Ultratop - Who You Are". Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  5. "Jessie J announces 2013 UK arena tour date at The O2". The O2 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012. 
  6. "UK Singles Chart - Do It Like a Dude". BPI (en inglés). 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  7. "BPI Certified Awards". British Phonographic Industry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  8. "Ultratop - Price Tag by Jessie J". Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  9. "iTunes UK - Jessie J "Nobody's Perfect"". iTunes (en inglés). 27 de maio de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  10. "Jessie J reveals next single choice". Digital Spy (en inglés). 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Jessie J history at UK Singles Chart". The Official Chart (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  12. "Irish Chart History - Jessie J". Hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  13. "Jessie J unveils new track 'Domino' - Listen". Digital Spy (en inglés). 17 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2011. 
  14. "Jessie J to release Who You Are as fifth single". Digital Spy (en inglés). 13 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  15. "Jessie J - Who You Are Deluxe". Allmusic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  16. "Australian Chart - History by Jessie J". hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  17. "New Zealand Chart History - Jessie J". Hung Medien (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  18. "Billboard - Jessie J Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  19. Alan Jones (23 de abril de 2012). "Official Charts Analysis: Adele needs just 17k album sales for 23rd week at No.1". Music Week (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 
  20. "Miley Cyrus - "Party in the U.S.A"". Billboard (en inglés). 24 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  21. "Koda Kumi - "4 Times"". Discogs (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  22. "Allusic - Jessie J "I Need This"". Allmusic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2 de octubre de 2011. 
  23. "Jessie J reveals "Who You Are" tracklist". The Grape Juice (en inglés). 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  24. "Jessie J makes UK chart history with "Laserlight"". Telegraph (en inglés). 23 de abril de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

Outros artigos