دولة أزواد المستقلة (ar) État indépendant de l’Azawad (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tombouctou | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.000.000 (2012) (3,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 932.490 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 6 de abril de 2012 | ||||
Disolución | 2013 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Bilal Ag Acherif (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 223 | ||||
Páxina web | mnlamov.net |
Azawad (tuareg: ⴰⵣⴰⵓⴷ, árabe: أزواد, francés: Azaouad ou Azaouâd) foi un estado non recoñecido de curta duración que declarou unilateralmente a súa independencia despois do conflito no que o MNLA (Movemento Nacional de Liberación de Azawad) xunto con outros grupos derrotaron á Armada de Malí no 2012. O territorio reclamado comprendía as rexións de Tombouctou, Kidal, Gao e Mopti, todas as cales eran recoñecidas internacionalmente como parte de Malí. O territorio controlado por Azawad limitaba con Malí e Burkina Faso polo sur, Mauritania polo oeste, Alxeria polo norte, e Níxer polo leste. Inicialmente os seus esforzos foron apoiados por varios grupos islamistas.
Gao era a meirande cidade do seu territorio e serviu temporalmente como capital, mentres que Tombouctou, que é a segunda cidade en tamaño, era a pretendida capital das forzas independentistas.
O 6 de abril de 2012, nun comunicado publicado na súa páxina web, o National Movement for the Liberation of Azawad, que era quen controlaba a rexión, declarou a "irrevogable" independencia de Azawad de Malí. O anuncio non foi apoiado por ningunha entidade estranxeira. O 26 de maio dese ano, o MNLA e o seu antigo inimigo Ansar Dine anunciaron un pacto no que se fusionarían para formar un estado islámico baixo a lei da xaria.
Algunhas fontes posteriores indicaron que o MNLA decidira rachar co pacto, distanciándose de Ansar Dine. Ansar Dine declarou máis tarde que rexeitaba a idea da independencia de Azawad. Despois do colapso deste acordo efémero, o MNLA e Ansar Dine continuaron a loitar entre eles, culminando na Batalla de Gao o 27 de xuño, no que os grupos islamistas "Movemento pola Unidade da Xihad en África Occidental" e Ansar Dine tomaron o control da cidade. O día seguinte, Ansar Dine anunciou que tiña o control de tódalas cidades do norte de Malío, poñendo fin ó estado.
O 14 de febreiro de 2013, o MNLA renunciou o seu obxectivo da independencia para Azawad e expresou o seu desexo de comezar negociacións co goberno de Malí sobre o seu status futuro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Azawad |