Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.550.926 (século XXI) | ||||
Lingua usada | árabe Lingua aramea lingua turca lingua hebrea lingua kurda lingua grega | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Bañado por | Mar Levantino (pt) | ||||
Punto máis alto | Qurnat as Sawda' (pt) (3.088 m) | ||||
O termo Levante ou, máis especificamente, Levante mediterráneo, alude historicamente a unha gran zona de Oriente Próximo situada ao sur dos montes Tauros, limitada polo mar Mediterráneo ao oeste, o deserto árabe ao sur e Mesopotamia ao leste.
Non inclúe as montañas do Cáucaso nin ningunha parte da península árabe ou Anatolia, aínda que ocasionalmente inclúese Cilicia.
A península do Sinaí tamén se inclúe, pero como área marxinal, como ponte entre o Levante e o norte de Exipto.
Ocasionalmente, os pobos levantinos dominaron a rexión situada entre o Sinaí e o río Nilo, pero esta rexión exclúese do Levante xeográfico.
Esta rexión ten sido unha zona comercial por excelencia, con distintas rutas comerciais que unían a costa e Exipto cos países do Oriente Medio, o que tamén provocou que fose durante séculos o escenario de distintos conflitos bélicos entre os pobos que intentaban manter o control do lucrativo comercio que discorría pola zona.
O Levante é tamén o nome da conca oriental do mar Mediterráneo (mar Levantino). As súas fosas descenden até cerca de 3 300 m (cerca da illa de Creta).
Tamén foi un paso comercial importante, posto que está no cruzamento de varias vías de comunicación míticas: as antigas dos fenicios, ruta da seda, ruta marítima ao Extremo Oriente polo canal de Suez etc.
Está limitada por Turquía, Chipre, Israel, o Líbano, Siria e Exipto.
Abarca principalmente os países de Israel, Xordania, o Líbano, Siria e os Territorios Palestinos. Na zona converxen tres placas tectónicas importantes: a africana, a eurasiática, mar Vermello e Irán. Os límites entre as placas tectónicas seguen a liña Azores, Xibraltar, África do Norte, mar Vermello e Irán. A placa árabe estase movendo cara ao norte contra a placa de Anatolia (Turquía) na falla do leste de Anatolia, e o límite entre a placa Exea e a Anatolia do leste é activo sismicamente.
Os países do Levante son sobre todo áridos ou semiáridos, sometidos a frecuentes secas; porén, existen extensións de bosques e vales fértiles. A rexión abunda en prados, devesas, zonas desérticas e montañas. A escaseza de auga é un problema en moitas partes, cunha demanda de auga potábel en aumento debido a que as poboacións están en continuo crecemento, mentres que a salinización e a contaminación ameazan os ríos. A maior fonte de auga é o mar de Galilea, desde o que se leva auga para regar amplas zonas, como o deserto do Néguev. En Libia realizouse unha grande obra de enxeñaría, o Gran Río Artificial, que leva auga por medio de acuedutos até as cidades, desde acuíferos orixinados na última glaciación, desgrazadamente non renovábeis. A rega por inundación de sucos ou por aspersión utilízase extensivamente, cubriedo case o total das terras destinadas á agricultura.
As temperaturas oscilan entre os -10 °C e os 25 °C en xaneiro, e entre os 20 °C e máis de 35 °C en xullo. As temperaturas anuais na maior parte da rexión non sufriron case ningún cambio durante o período 1901-96, pero se prevé un aumento de 1 ou 2 °C cara ao ano 2030.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Levante mediterráneo |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|