Paul David Hewson, máis coñecido como Bono, nado o 10 de maio de 1960, é un músico irlandés, vocalista e líder da banda de rock U2 e activista político, especialmente comprometido coa causa humanitaria en África e a favor da cancelación da débeda externa dos países do terceiro mundo, labor recoñecido entre outros polos seus nomeamentos consecutivos ao Premio Nobel da Paz no 2005 e 2006. Bono naceu e creceu en Dublín (Irlanda) onde coñeceu a súa futura esposa, Ali Hewson, e os futuros membros de U2. Bono escribe tódalas letras da banda, moitas veces empregando temas sociais, relixiosos e políticos. Durante os seus primeiros anos as letras de Bono contribuíron ao ton espiritual e rebeldía de U2. Como a banda madureceu, as súas letras tornáronse máis inspiradas por experiencias persoais compartidas cos membros da banda.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bono |
A Galicitas posúe citas sobre: Bono |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |