A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.
Coa chegada dos visigodos e, especialmente, logo da designación de Toledo como capital do reino, a diocese estendeu a súa xurisdición sobre territorios da Cartaxinense que dependían eclesiásticamente da súa capital, Carthago Spartaria (hoxe Cartaxena). Como a sé metropolitana de Carthago Spartaria estaba no territorio dominado polos bizantinos, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que acordou elevar a Toledo ao rango de arquidiocesemetropolitana.
Durante a dominación musulmá, Toledo deveu un bastión do cristianismo, e mantívose a arquidiocese e a sucesión episcopal. No século VIII tivo lugar unha persecución aos cristiáns que permanecían en Al-Andalus(os mozárabes), que provocou migracións cara aos reinos cristiáns do norte da península. O rito da Igrexa hispana, ou rito mozárabe, porén, perviviu en Toledo, grazas aos mozárabes que quedaron na cidade.
O rei Afonso VI e os cristiáns reconquistaron a cidade de Toledo en 1085, devolvéndolle á arquidiocese o seu antigo poder. O primeiro arcebispo deste período foi Bernardo de Cluny, membro da orde de Cluny. A sé episcopal participou activamente na Reconquista, controlando o territorio conquistado e alentando á expansión das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Alcántara.
Logo da reconquista, durante o reinado dos Reis Católicos, foi nomeado arcebispo de Toledo Francisco Jiménez de Cisneros, quen inaugurou a Universidade de Alcalá, cuxo territorio pertencía entón á arquidiocese; e participou activamente na política do reino. Durante o reinado de Filipe II a corte foi trasladada a Madrid, mais a cidade seguiu a depender eclesiásticamente de Toledo.
Durante os dous últimos séculos a arquidiocese sufriu varios episodios complicados. Coa invasión de Napoleón a arquidiocese foi saqueada, e o arcebispo fuxiu a Sevilla. Coas desamortizacións de Mendizábal e Madoz comezou un conflito entre o goberno de España e a Santa Sé, quedando durante un tempo a sé vacante. Finalmente, a guerra civil española supuxo a destrución de gran parte do patrimonio artístico do arcebispado e a morte de 281 sacerdotes.
Liturxia
Calendario particular
Ademais das celebracións litúrxicas comúns á Igrexa Católica Latina, a arquidiocese celebra as seguintes festas no seu calendario:
27 de outubro - Santos Vicente, Sabina e Cristeta]] (Memoria libre).
5 de novembro - Santos cuxas reliquias gárdanse nas igrexas da arquidiocese (Festa).
6 de novembro - Beatos José Polo Benito, Justino Alarcón de Vera, Joaquín de Lamadrid Arespacochaga e Ricardo Plá Espí, presbíteros e comapañeiros mártires (Memoria obrigatoria).